top of page

Presentación de "Laura e a randeeira espacial" en Ordes


Ordes acolleu a presentación do libro "Laura e a randeeira espacial", de Rocío Ovalle, que vén de ser editado por Galaxia. A presentación xuntou 200 nenas e nenos que participan no campamento de verán da Escola Con Talento.


Este libro trata sobre a importancia da perseverancia e a confianza nun mesmo para acadar os soños. As nenas e nenos aproveitaron a visitar para entrevistar a autora co obxectivo de incluír a entrevista no xornal que editan no campamento.

Rocío Ovalle, nada en Bembibre, no Bierzo, en 1986, é coach para o impacto social e xornalista, con formación en terapia psicocorporal. Foi responsable do departamento de comunicación da Fundación Vicente Ferrer na India e coordinadora da delegación de Cruz Vermella en Santiago, entre outros proxectos. Colabora como docente de escritura e comunicación no ámbito universitario. Recibiu unha mención polo seu traballo xornalístico en materia de xénero no Premio de Xornalismo Xoven (Ministerio de Sanidade) e o Premio de Xornalismo Cívico Alfredo Vicenti (Ateneo de Santiago).


Comentarios


bottom of page