top of page

Protrección Civil de Oroso participou no simulacro de incendio no Instituto


Protección civil de Oroso movilizou 4 membros que participaron na evacuación do IES de Sigüeiro, que fixo un simulacro de incendio na tarde do mércores 10 de abril.

Segundo explicou o coordinador de Emerxencias de Oroso, Cristian Blanco Mosquera, o exercicio serviu para comprobar a correcta activación do protocolo de emerxencias fronte a un incendio, dando como resultado unha evacuación total do centro en moi poucos minutos, así como unha revisión dos espazos por parte dos membros de Protección Civil en un curto espazo de tempo.

O agrupación de Protección Civil de Oroso agradeceu a colaboración de todos e todas os que participaron no simulacro, entre os que se atopaba en representación do concello a concelleira de Ensino, María Requejo Gullén.





Comments


bottom of page