top of page

Proxección do documental "10 de marzo" o venres 13 en Oroso

Este venres 13 de xaneiro, ás 19.30 horas, o Centro Cultural de Oroso acollerá a proxección da película documental “10 de Marzo”, do director Roi Cagiao. O filme somerxe ao espectador no proceso de penetración das Comisións Obreiras e do Partido Comunista dentro do estaleiro Bazán Ferrol, as tensións durante a negociación do convenio, os acontecementos dos días 9 e 10 de marzo de 1972 e a súa repercusión internacional.



Comments


bottom of page