top of page

Récord de participación na Carreira Pedestre de Frades

A VIII Carreira Pedestre Popular do Concello de Frades celebrouse esta fin de semana rexistrando un récord de participación, con 570 persoas. A vitoria absoluta foi para Pablo Bocelo Bellas, da Sociedade Ximnástica de Pontevedra, e Sandra Mosquera Losada, do Comesaña Sporting Club. Nas categoría masculina e feminina resultou gañador a SD Compostela Atletismo.


Dende o Concello parabenizaron especialmente as e os atletas locais: Adrian Garabato Lagares , David Cepeda e Marcos Sánchez Lagares, xunto con Mariña García Méndez e Olivia García Méndez.


Comments


bottom of page