Rapazada de Ordes, Oroso, Frades e Trazo viaxan a Asturias na campaña de esquí da Deputación
- Crónicas da comarca
- 31 ene 2022
- 1 Min. de lectura

A Deputación da Coruña continúa desenvolvendo a súa Campaña de Esquí 2022. Nestes días un centenar de nenos e nenas de Ordes, Oroso, Frades e Trazo, así como outros concellos da provincia, están a visitar a estación invernal de Valgrande-Pajares (Asturias).
Esta é a terceira expedición á neve,dentro da campaña provincial, e nela participan mozos e mozas de 11 a 15 anos de idade . Con esta proposta, a institución que preside Valentín González Formoso pretende “que a rapazada da provincia da Coruña poida iniciarse ou perfeccionar as súas habilidades no esquí con monitores profesionais, ao mesmo tempo que participan noutras iniciativas deportivas e culturais organizadas de xeito complementario”, indicou a deputada de Deportes, Cristina Capelán.
A área de Deportes da Deputación da Coruña organiza, entre o 14 de xaneiro e o 21 de febreiro de 2022, diversas viaxes á estación invernal de Valgrande-Pajares (Asturias) para impulsar a práctica do esquí entre a mocidade de 11 a 15 anos de idade dos municipios coruñeses.
Este ano participarán un total de 600 nenas e nenos da provincia, cen máis que na anterior edición. O vindeiro 4 de febreiro sairá cara a estación invernal de Valgrande-Pajares a cuarta quenda, que permanecerá no lugar ata o día 7 do mesmo mes.
Comments