Recepción oficial aos membros da peregrinación inclusiva en Oroso
- Crónicas da comarca
- 1 sept 2022
- 1 Min. de lectura

Oroso é cada vez máis unha parada obrigada para a peregrinación no Camiño Inglés. Esta semana, o alcalde, Luis Rey Villaverde, acompañado polas concelleiras Beatriz Rodeiro e Isabel Fernández, así como polo presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, Manuel Mirás, brindou unha recepción oficial aos membros da peregrinación inclusiva da Asociación Sociocultural ASCM, que hoxe se reúnen en Compostela.
Comments