Recibimento en Oroso ás promesas do xadrez
- Crónicas da comarca
- 10 mar 2022
- 1 Min. de lectura

O alcalde de Oroso, Luis Rey Villaverde, e o concelleiro de Deportes, Antonio Leira, recibiron no concello a Christian Noya Mellado e Zaira Campelo Mallo. Estes mozos proclamáronse recentemente subcampión galego e campioa femenina e 5ª absoluta nas súas categorías no Campionato Galego de Xadrez. Ambos forman parte do Club Xadrez Oroso.
Comments