Recollida de material solidario con Ucraína en Mesía
- Crónicas da comarca
- 11 mar 2022
- 1 Min. de lectura

O Concello de Mesía anunciou que recollerá alimentos e produtos de primeira necesidade para a poboación de Ucraína. Todo o material recolectado irá parar a unha asociación galega de axuda a ese país, AGA-UCRAÍNA. A recollida farase na Casa do Concello polas mañás e na Casa de Cultura de 16h a 19h. Tamén no CPI Xanceda (podendo ser os nenos quen leven o material cando vaian a clase) e nas Unitarias de Olas e Visantoña, tamén a través dos nenos ou na entrada ou saída da actividade escolar.
Entre o material que se precisa están as caixas de cartón e o celo para etiquetar. Tamén roupa -nova preferiblemente, con etiquetas, para axilizar o paso por aduanas-. A roupa deberá ser térmica e de abrigo, como luvas, calcetíns ou camisetas.
O Concello solicita tamén conservas e comida precociñada, como chocolate, galletas, barras enerxñeticas, comida para bebés ou leite en po. Prégase que non se doe comida en botes de cristal.
Outros produtos necesarios inclúen sacos de durmir, esteiras, colchonetas, produtos de hixiene persoal, toalliñas húmidas, mantas, powerbanks, kits de costura, mochilas, lanternas, baterías, roupa de camuflaxe, tenda de campaña, mistos impermeables, chisqueiros, cordas, cifres, talco, prismáticos ou botas.
Ademais, fan falta medicamentos e produtos como alcol, vendas, auga osixenada, antisépticos, gasas, soro fisiolóxico, esparadragpo, apósitos, luvas de látex e vinilo ou máscaras faciais.
Os produtos recolleránse xunto cos doutros concellos da comarca e irán a parar a Asociación Galega de Axuda a Ucrania, AGA-UCRAÍNA.
Comments