Recollida solidaria de alimentos e material de hixiene e limpeza no CEIP do Camiño Inglés
- Crónicas da comarca
- 3 feb 2022
- 1 Min. de lectura

O CEIP do Camiño Inglés de Oroso acolleu unha actividade sobre convivencia con participación do alumnado o pasado 28 de xaneiro. Posteriormente, fixo entrega ao Concello de Oroso de produtos de alimentación, hixiene e limpeza que serán repartidos entre a xente que máis o necesita.

O Concello expresou o seu agradecemento ao conxunto da comunidade educativa do centro e informou de que os Servizos Sociais municipais procederán ao reparto entre as familias que máis o necesitan.
Comments