O Concello de Oroso informou hoxe á veciñanza da finalización das obras de renovación do aglomerado nos lugares de Vilar de Abaixo (Deixebre), Zan e a Costa (Trasmonte). Para o alcalde, Luis Rey Villaverde, con esta actuación dáse "resposta ás demandas veciñais", ademais de mellorarse "a seguridade viaria nestes camiños, tanto dos vehículos como dos peóns”.
Ademais das tarefas de aglomerado en varias parroquias, o concello realizou no verán traballos de rebacheo en pistas do rural, cun orzamento de 60.000 euros.
"A aposta polas parroquias e o rural continuará nas próximas semanas, nas que o grupo de goberno acometerá un conxunto de obras cun investimento global dun millón de euros", sinalan fontes municipais.
Comments