top of page

Rematadas as obras de renovación da estrada entre Aboi e Piñeiro, en Viladabade (Tordoia)


O Concello de Tordoia informou esta mañá do remate da renovación en capa de aglomerado da estrada entre Aboi e Piñeiro, na parroquia de Viladabade. Do mesmo xeito, informou do inicio, en Castenda, da primeira fase de humanización entre a Tarroeira e a Igrexa.


Na parroquia de Andoio, o Concello informa de traballos a desenvolverse actualmente na senda que unirá O Castiñeiro coa igrexa de San Mamede, rematando no rego ata a Fonte de Santa Lucía, que tamén se vai a recuperar para uso da veciñanza.

コメント


bottom of page