top of page

Rematan os traballos de remodelación da minipista deportiva do parque do Carboeiro, en Oroso



O alcalde de Oroso,Luis Rey Villaverde, e o concelleiro de Deportes, Antonio Leira, supervisaron o remate dos traballos de remodelación da minipista deportiva do parque do Carboeiro. As tarefas de reparación e conservación realizadas consistiron no arranxo e pintado da estrutura metálica, no cambio do céspede da pista de xogo, na reparación das canastras e das porterías e na rotulación das vallas.

Comments


bottom of page