top of page

Renovación e experiencia a partes iguais no PSdeG-PSOE de Cerceda


A nova executiva local, que estará liderada por Silvia Fraga como Secretaria Xeral e na que o alcalde, Juan Manuel Rodríguez García, terá o cargo de Presidente da Agrupación, e a deputada autonómica, Matilde Begoña Rodríguez Rumbo, será Vicesecretaria Xeral e Secretaria de Política Institucional e o 1º Tenente de Alcalde, Jesús Rama Bello ,estará ao fronte da Secretaría de Organización e Política Municipal,aposta por combinar veteranía con renovación, e quere facer desta organización o alicerce fundamental na estruturación daparticipación da localidade cercedense. A executiva está composta por outros tres membros do equipo de goberno municipal: Catrina Queijo García, Cristina Capelán Cancelo e Ángel Gestal Gómez. Por varios compañeiros/as que empezaron militando nas Xuventudes Socialistas de Cerceda:Miriam Casás García, Roberto Raña Rocha, Silvia Lois Fraga e Francisco Javier Pérez Liñares. Así como por unha das fundadorasda agrupación local do PSdeG-PSOE de Cerceda, Aurora Ríos Rodríguez, e por outros militantes fondamente comprometidos/as. A candidatura encabezada por Silvia Fraga responde a criterios de

representación territorial de tódalas parroquias de Cerceda, está formada por 7 homes e 10 mulleres e a media de idade son os 47anos. Foi aprobada por unanimidade.


Silvia Fraga é ademáis a Secretaria de Igualdade do PSdeG-PSOE, dentro da Executiva de Valentín González Formoso.

Comments


bottom of page