top of page

Reunión entre o Concello de Frades e a Xunta para tratar as demandas do agro na zona



Esta mañá tivo lugar unha xuntanza entre a Xunta de Galicia e o Concello de Frades para tratar as necesidades e demandas relativas ao agro no municipio. Asistiu o conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, sendo recibidos polo alcalde, Roberto Rey.


O conselleiro lembrou durante a reunión que nos últimos sete anos o Concello recibiu máis de 450.000 euros para mellora de camiños rurais. A achega máis recente concedeuse este ano para arranxar o camiño de Tañoi coa Cruz do Canedo (Abellá).


No relativo á vertebración do territorio, o titular de Medio Rural trasladoulle ao rexedor a posibilidade de levar a cabo permutas voluntarias de interese agrario, que xunto a outros instrumentos de mobilización de terras impulsados pola Lei de recuperación permiten unha maior participación dos interesados na explotación das terras. Así mesmo, cabe salientar que o concello de Frades rematou xa case 20 concentracións parcelarias que permitiron reorganizar unha superficie de algo máis de 7.700 hectáreas.


Comments


bottom of page