top of page

Sábado de baloncesto en Oroso co Way Cup 2022



Unha decena de equipos participaron este sábado no torneo "Way Cup 2022" de minibasket, organizado polo CEIP do Camiño Inglés, nun evento que o Concello de Oroso considerou "todo un éxito de participación e organización". A iniciativa contou coa colaboración do Obradoiro CAB, Concello de Oroso e o apoio de varios comercios locais.

O equipo orosino, Camiño Inglés Obradoiro Oroso acadou un terceiro merecido posto mentres que o equipo pontevedrés, Boa Vila Basket, se impuxo na final contra o equipo Santiagués do Peleteiro.

Antonio Leira concelleiro de deportes fixo a entrega do trofeo ao mellor xogadpr do torneo e ao campión desta edición Way Cup 2022

Comments


bottom of page