A deportista de Oroso Sara Soneiro Balado, do Club de Taekwondo Boudsport, proclamouse esta fin de semana subcampioa de España junior en categoria -55 no Olivo Arena de Xaén. Sara, que acudiu acompañada polo seu adestrador, superou en primeira rolda a Extremadura 21-1, e en segunda á representante de Castela-A Mancha 18-10. Xa nas semifinais contra Castela e León gañou por 41-19, cedendo finalmente ante Madrid na final por 26-13.
Os seus compañeiros de club, Mateo Boudjenane e Alba Rey, acadaron unha novena posición no campionato. A Selección Galega proclamouse campioa de España ao quedar primeiros en categoría masculina e terceiros en feminina.
Comments