Conforme aos datos facilitados e contrastados no día de hoxe, por parte da comisión municipal de seguimento da COVID-19, o Concello de Ordes informa de que nestes momentos no termo municipal se rexistraron seis novos positivos por COVID-19 e catro altas durante as últimas 24 horas. Iso fai un total de 35 casos activos de COVID-19 no municipio, con 33 no domicilio e 2 hospitalizados. Nas últimas horas fixéronse 47 PCR.
A taxa de incidencia está agora mesmo, segundo os datos dos últimos catro meses, no 4,19%, pero sobe ao 12,76% se tomamos só os datos das últimas 24 horas.
Comments