
A responsable da zona do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, reuníuse hoxe telemáticamente cos representantes do PSdeG no Concello de Frades, Enrique Astray Otero, José Luis Pereira Bao e Aurelio Garea Portos, para "pór de manifesto que o concello de Frades é un dos grandes esquecidos nos orzamentos da Xunta de Galicia para 2021", nos que non aparece ningunha contía para as diversas necesidades existentes neste concello, "unha mostra máis do desprezo da Xunta de Galicia aos concellos rurais".
O Grupo Parlamentario do PSdeG presentou diversas emendas, tal e como veu facendo nos anos anteriores, a instancia do grupo municipal dos socialistas de Frades, para que a Xunta de Galicia atenda as necesidades deste concello que son competencia do goberno galego, tales como a construcción dunha nova ETAP adaptada ás necesidades actuais do concello, dotar ao Polígono de Cadaval dunha rede de augas residuais ou o acondicionamento dun aparcamento para os buses escolares, emendas que foron rexeitadas todas elas polo Grupo parlamentario do Partido Popular, maioritario na cámara.
Os representantes municipais manifestaron o seu malestar co trato recibido por este concello por parte do goberno galego e consideran que o apoio a estas emendas redundarían no benestar dos veciños e das veciñas deste municipio.
Comments