top of page

Suspéndense as proxeccións ao aire libre de mañá en Mesía e Frades



Ante a inestabilidade do tempo e a previsión de choiva, o Concello de Mesía vén de anunciar a suspensión do cine ao aire libre programado para mañá. A nova data de proxección será o xoves 5 de agosto, aproveitando que o 6 é festivo local.


Pola súa banda, o Concello de Frades informa tamén do aprazamento da Noite de Cine prevista para mañá venres en Ponte Carreira debido ás previsións de choiva. A película "Frozen II" poderá verse nesta mesma praza o vindeiro 20 de agosto. Desculpas polas molestias.




Comments


bottom of page