No Día Internacional da Igualdade Salarial, a empresa Tejas Verea de Mesía mostra o seu compromiso coa igualdade de xénero no sector da construción. A compañía aprobou recentemente un Plan de Igualdade co obxectivo de promover a igualdade de xénero e no que participa a totalidade do equipo de Verea.
O novo Plan incorpora políticas que mostran o compromiso da empresa en ámbitos como a igualdade salarial, incorporación das mulleres ao sector da construción, apoio e promoción da carreira profesional das traballadoras e conciliación e protección das mulleres vítimas de violencia de xénero. Estas medidas súmanse aos programas de conciliación e flexibilidade horaria e protección da maternidade que xa formaban parte das políticas empresariais de Verea.
No noso país, as mulleres representan o 8,4% dos traballadores da construción, un sector tradicionalmente moi masculinizado. A porcentaxe de traballadoras no equipo de Verea ascende a un 18,5%. As profesionais de Verea lideran catro departamentos da compañía: Compras, Comunicación e mercadotecnia, Calidade e Medio Ambiente e Administración. Ademais, elas supoñen o 43% dos profesionais máis cualificados (nivel 1 que engloba aos enxeñeiros/as e licenciados/as).
No marco do seu compromiso coa igualdade de xénero, Verea incorporouse á campaña 'Constrúo Igualdade' organizada pola Fundación Laboral da Construción e creada para dar máis visibilidade ás mulleres no mundo da construción. Mediante a difusión dunha imaxe de colaboración entre compañeiros e compañeiras no traballo, Verea quere mostrar que xuntos é máis fácil construír igualdade de oportunidades para mulleres e homes.
Comments