top of page

Tejas Verea celebra unha xornada de portas abertas centrada na súa historia e a de Mesía


Tejas Verea celebra unha xornada de portas abertas o próximo día 15, sábado, onde amosarán, a través dunha exposición fotográfica, a transformación da empresa e da localidade onde se ubica, Mesía, ao longo dos anos. Mostrarán fotografías inéditas dende os anos 60, incluíndo as lembranzas dos traballadores que formaron parte do equipo e a evolución das instalacións. Tamén ensinarán como se ven os tellados galegos dende as alturas.


A xornada celebrarase ao longo de todo o día 15, con visitas de media hora pola mañá e pola tarde. A entrada é gratuíta previa inscrición. Solicitan que as persoas que acudan colaboren co Banco de Alimentos municipal achegando un quilogramo de alimentos non perecedoiros.


Ao finalizar a visita compartirase un aperitivo de produtos galegos de proximidade, como unha escolma de produtos da Casa Grande de Xanceda. Tamén terán os asistentes a oportunidade de ver en directo o proceso de fabricación das tellas a man, como se facía antigamente, cun auténtico cabaqueiro.


Comments


bottom of page