top of page

Tejas Verea conecta a máis de 300 escolares galegos coa industria cerámica a través da campaña ‘EnTéllate’


Escolares durante a visita guiada a Tejas Verea
Escolares durante a visita guiada a Tejas Verea

Un total de 326 escolares galegos de educación primaria participaron este curso na campaña “EnTéllate”, unha iniciativa promovida pola empresa Tejas Verea para poñer en valor os recursos naturais do rural, como a arxila e a importancia da súa xestión sostible e responsable.


A campaña, que finalizou esta mañá, incluíu unha visita ás instalacións de Tejas Verea, unha fábrica automatizada e dotada da última tecnoloxía, referente do sector cerámico en España. Nela os escolares descubriron o proceso completo de transformación da arxila nunha tella sostible e resistente, grazas á innovación tecnolóxica.


Durante o curso, a iniciativa contou coa participación de centros escolares localizados na contorna de Tejas Verea, das comarcas de Ordes, Arzúa e Santiago. Participaron os centros CEIP Campomaior e CEIP ADR Castelao de Ordes, o CPI de Xanceda de Mesía, o colexio A nosa Señora do Rosario de Arzúa e o CEIP A Igrexa de Calo (Teo), con cuxa visita esta mañá pechouse a campaña para este curso 2024-2025.


Unha campaña para que os escolares ‘decátense’


O obxectivo da iniciativa, inaugurada en 2018, é que os escolares ‘se decaten’ e reforzar a súa conexión co medio rural, desde unha tripla perspectiva: ambiental, histórica e social.


Ademais das visitas, os centros participantes teñen a posibilidade de profundar na evolución da industria cerámica galega a través de unidades didácticas con actividades e curiosidades como a orixe e a extracción da arxila, a historia dos tecervos ou antigos cabaqueiros galegos ou o valor desta industria para o rural.


Tellas Verea


Empresa fabricante de tellas e solucións integrais para cubertas localizada en Mesía (A Coruña) nun complexo industrial de case 300.000 metros cadrados, distribuídos entre 3 liñas de produción con capacidade para fabricar 50 millóns de tellas ao ano. Fundada en 1967, dá emprego a 70 traballadores.

Comments


bottom of page