Tejas Verea e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia premiarán as cubertas do futuro na I edición dos Premios de Arquitectura Cubiertas Tejas Verea, que se entregarán mañá nas instalacións da empresa en Mesía. Será a primeira vez que se celebre este certame de arquitectura, organizado pola empresa en colaboración co COAG. Distinguirá obras destacadas en cubertas realizadas con tella cerámica e que destaquen en aspectos como a eficiencia, a sotibilidade ou a adaptación á contorna.
A xornada incluirá unha visita guiada ás instalacións da empresa dirixida aos asistentes e a todos os membros do COAG que asistan. Na entrega de premios participarán Elena Ampudia, decana do COAG; Luis Verea, director xeral de Tejas Verea, e Carmen Pérez Parapar, presidenta da Delegación do COAG en Ferrol e membro do xurado.
Commenti