Este sábado terá lugar en Tordoia o Campionato de Galicia de Halterofilia, que vai a reunir homes e mulleres que disputarán os títulos nas categorías Junior e Absoluto.
A competición desenvolverase no Pavillón Municipal na parroquia de Cabaleiros e contará coa participación do atleta local Martín Liste Viaño, quen está a ser una forte aposta dentro da halterofilia na nosa comunidade.
O campionato, que se celebrará en horario de mañá (10.00 – 14.00 horas) e tarde (17.00 – 20.00 horas), seguirá o protocolo de medidas hixiénico-sanitarias fronte ao COVID-19 para o correcto desenvolvemento da competición.
Comments