Tordoia contará en breve con dúas Casas do Maior que se situarán nos baixos da Casa de Cultura en Pontepedra. anunciou hoxe o Concello. Habilitaranse 10 prazas para atender ás persoas usuarias entre semana, de 9h a 17h. Poderá incluírse transporte e xantar no centro. O servizo será gratuíto para os usuarios.
O Concello de Tordoia afirma que este novo servizo xorde do "afán e compromiso" da administración local pola mellora "da calidade na prestación de servizos das persoas maiores do noso concello". Pódese obter máis informar na área de Servizos Sociais municipais, que tramitarán as solicitudes ante a Xunta de Galicia. Para isto, cómpre chamar ao 981 69 00 01.
Comments