top of page

Tordoia e Trazo, únicos concellos da comarca de Ordes que gañaron empresas en 2020


A pandemia de COVID-19 golpeou duramente á economía de todo o país. Na comarca de Ordes, os efectos notáronse na maior parte dos concellos, que pecharon o ano 2020, cando estourou a crise epidemiolóxica, con menos empresas das que tiñan en xaneiro do mesmo ano. O Instituto Galego de Estatística publicou recentemente un estudo sobre indicadores de demografía empresarial que recolle a taxa bruta de natalidade e de mortalidade, así como o crecemento total en tanto por cento, de empresas no conxunto dos concellos de Galicia.


Esta taxa de crecemento reflicte nun porcentaxe a diferenza entre altas e baixas nun determinado municipio entre xaneiro e decembro do 2020. Unha porcentaxe do 1% así obtida amosaría que un concello remata o ano cunha empresa nova por cada 100 empresas coas que o comezou.


Os datos así obtidos amosan que na comarca de Ordes cinco dos sete concellos perderon empresas durante 2020. Así, a taxa de crecemento empresarial foi negativa en Mesía (-5,88%), Frades (-5,84%), Cerceda (-3,76%), Ordes (-2,19%) e Oroso (-2%). Pola súa banda, Tordoia tivo un incremento positivo do 3,85% e Trazo fixo o propio cun 1,73%. Isto significa que en Mesía desapareceron case 6 de cada 100 empresas que había a comezos de ano, e en Tordoia había case 4 novas por cada 100.









Commentaires


bottom of page