top of page

Tordoia organiza unha saída ao Aquapark de Cerceda



O mércores 14 de xullo terá lugar unha saída ao Aquapark de Cerceda organizada polo Concello de Tordoia. Está destinada a nenas e nenos que estean participando no Verán Lúdico e no Campus de Tecnificación (neste caso a actividade será de balde), e tamén a aquelas nenas e nenos que non están a participar no campamento nin no campus e teñan entre 6 e 14 anos anos de idade (con inscrición no Concello e abono de 10€). As inscricións poden facerse ata o luns 12 de xullo. Sairase o mércores 14 ás 11h desde o campo de fútbol da Rega. Volverase ao mesmo lugar ás 19h. A excursión contará coa presenza de monitores para acompañar ás nenas e nenos.

Comments


bottom of page