Ante a evolución da pandemia, indicando que o fan por un "exercicio de responsabilidade", o Concello de Tordoia decidiu cancelar todo tipo de actividades culturais e deportivas ata que as circunstancias permitan a súa celebración de maneira totalmente segura para a veciñanza. Tamén permanecerán pechadas as instalacións municipais nas que se desenvolven estas actividades.
Dende o Concello lamentan ter que tomar esta decisión, "que apela ao compromiso que temos coa saúde dos veciños e veciñas de Tordoia", segundo sinalan.
Comments