Xa está aberta a participación no I Concurso de Fotografía convocado polo Concello de Trazo, coa temática: "As mulleres no mundo rural". As fotografías que se presenten deberán amosar aspectos da vida cotiá e dos traballos das mulleres nas 11 parroquias do municipio. Haberá duas categorías: fotografía antiga e fotografía actual.
Os premios consistirán en vales de 200€, 175€ e 75€ para compras no comercio local. As fotos deberán enviarse ao correo igualdade@concellodetrazo.es antes do 10 de outubro. As bases do concurso están dispoñibles online.
Comments