O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou onte na entrega de vehículos todoterreo ao concello de Trazo, así como aos do Valadouro, Pol, Taboada, Cartelle, Larouco, Maside e Rodeiro. O conxunto das dotacións representa un investimento de 213.800 euros, 26.725 euros cada unidade. O vehículo foi recibido pola Alcaldesa de Trazo xunto con varios membros do goberno local e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.
Segundo sinalou Diego Calvo, o equipamento forma parte da liña de axudas de 2022 dirixida a concellos de menos de 50.000 habitantes que conten con Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC), dotada con 1M€ euros.
Os todoterreos cedidos contan con caixa de primeiros auxilios equipada con soporte para vehículo, extintor de po, dúas lanternas led con cargador de vehículo, cono con autonomía mínima de catro horas, pinzas de acendido de emerxencia e ponte de luces con altofalante. Dispoñen ademais de preinstalación para equipos de telecomunicacións e de gancho para remolque. Con estes oito, a Xunta entregou nos últimos anos preto de 300 vehículos a concellos con Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil.
댓글