Trazo recolle material para Ucraína
- Crónicas da comarca
- 11 mar 2022
- 1 Min. de lectura

O Concello de Trazo fará nas tres próximas semanas unha recollida de materiais de necesidade urxente en Ucraína logo da invasión rusa. Entre as cousas que se recollerán figuran roupa de abrigo ou mantas, conservas e alimentos precociñados ou medicamentos.
O punto de recollida será o Concello Vello, os luns, mércores e venres de 13 a 15 horas. Para efectuar a entrega será necesario pedir cita no departamento de Servizos Sociais chamando ó 981 68 90 01.
En canto á roupa de abrigo e mantas, o Concello solicita que esta sexa nova, con etiqueta ou cando menos sen usar para evitar problemas en aduanas. As roupas deberán sér térmicas de abrigo, como luvas, calcetíns ou camisetas.
No relativo á comida, o Concello solicita que sexan alimentos non perecedoiros e que non vaian en botes de cristal. Suxiren que se compre comida para bebés, leite en po, galletas, chocolate ou barras enerxéticas.
No tocante a medicamentos, solicitan alcol, auga osixenada, antisépticos, talco, gasas, soro fisiolóxico, esparadrapo, tiritas, luvas de látex ou vinilo e máscaras faciais.
Ademais, lembran que tamén fan falta produtos como sacos de durmir, esterillas, colchóns, produtos de hixiene persoal, toalliñas húmidas, kits de costura, mochilas, lanternas, baterías, tendas de campaña, chisqueiros, cordas, chifres ou mistos impermeables.
Comments