O programa DesOrdes: Xeodestino Mural xa conta coa súa segunda obra rematada. Dita creación, titulada como ‘Fráxil’, foi elaborada por MØU, e fálanos en verbas do seu autor “sobre a fraxilidade da contorna e de nós mesmos como parte dun todo ou continente, que busca o seu equilibrio, a súa estabilidade, todos formamos parte do medio e deste dito equilibrio, como tamén formamos parte da súa inestabilidade”.
A iniciativa, posta en marcha pola Mancomunidade de Ordes coa Deputación da Coruña e o proxecto Desordes Creativas, ten como obxectivo sumar ao xeodestino Terras de Ordes un maior patrimonio artístico facendo emprego da arte urbana como elemento creativo para tal propósito.
Deste xeito, unha vez rematada esta obra e o mural elaborado por Nove Noel no CPI de Xanceda, no Concello de Mesía, o programa rematará coas obras que se están a executar nos municipios de Frades e Oroso.
Kommentare