top of page

Trenor supervisou as obras de mellora no CPI Viaño Pequenode Trazo por valor de 50.000 euros



O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, acompañado pola alcaldesa de Trazo, Josefina Suárez, supervisou esta mañá a actuación que se está a levar a cabo no CPI Viaño Pequeno nas que a Xunta de Galicia inviste case 50.000 euros en obras para trasladar o aulario de infantil ao CPI para unificar nun único edificio todas as ensinanzas . Trenor recalcou que as obras avanzan a moi bo ritmo polo que as clases poderán comezar con normalidade coas novas aulas acondicionadas. Este investimento únese ao recentemente realizado de máis de 257.000 euros neste mesmo centro para levar a cabo a substitución ou aislamentos de teitos, carpintería e reparación de fachadas,


Esta actuación permite avanzar neste colexio no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta do Goberno galego para impulsar centros educativos máis sostibles e innovadores.


Obras centros educativos comarca Santiago

Trenor salientou as obras en centros educativos impulsadas este verano se enmarcan na aposta da Xunta por renovar e actualizar os centros educativos da área de Santiago ao abeiro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica.


En concreto na área de Santiago destínanse máis de 8,3M€ para executar 28 obras en colexios e institutos ao abeiro deste plan. Concretamente, están en marcha 8 grandes obras na comarca por un importe de 8,1 millóns de euros en Ames, A Baña, Boqueixón, Dodro, Frades, Ordes e Padrón.


O representante do Goberno autonómico tamén lembrou que se están a executar outras 17 obras menores en centros educativos da comarca de Santiago, por un importe de máis de 200.000 euros, nos concellos de Ames, Brión, Frades, Melide, Ordes, Oroso, Padrón, Trazo e O Pino.


Trenor resaltou tamén a actuación que se está levando a cabo de instalación de placas fotovoltaicas en 3 centros educativos, que supoñen un investimento total de máis de 90.000 euros, en Ames, Ordes e Padrón.


“Con todos estes investimentos, apuntou o delegado, nestes momentos a Xunta ten comprometidos, e na maior parte en execución, case 8,3 millóns de euros para dar resposta ás necesidades dos centros educativos da área de Santiago”.


Comments


bottom of page