top of page

Tres detidos nunha explotación gandeira de Frades por roubo de gasóleo


Fotograma dun vídeo da Garda Civil que recolle os roubos
Fotograma dun vídeo da Garda Civil que recolle os roubos

O Equipo Roca da Garda Civil de Compostela anunciou o pasado venres a detención tres traballadores e investigou -imputou- outro, fillo dun dos detidos, polo presunto roubo con forza continuado de gasóleo na explotación en que traballaban, en Frades. A investigación arrincou logo da denuncia intermposta polo responsable da explotación, que sospeitaba dalgún dos seus traballadores porque dende había meses botaba en falta gasóleo dun depósito para vehículos agrícolas da explotación, ademais de distintas ferramentas.


Durante a investigación, a Garda Civil descubriu que os roubos foran cometidos por dous empregados que aproveitaban a madrugada para levalos a cabo. Coñecían a ubicación da chave de acceso ao recinto do surtidor e roubaban gasóleo a diario. Chegaron a subtraer 4.000 litros.


Dous dos traballadores foron sorprendidos en pleno roubo na noite do 30 de maio nas instalacións da cooperativa. Estaban repostando un vehículo particular e enchendo unha garrafa. En total levaban 60 litros.


Logo da detención, a Garda Civil inspeccionou os vehículos dos detidos, atopando neles as ferramentas subtraídas. Ademais, comprobaron que dous deles contiñan no depósito gasóleo bonificado tipo B, o que infrinxe a Lei 38/92 sobre impostos especiais.


As actuacións realizadas quedaron ao dispor do Xulgado de Instrución de garda en Ordes.





Comentários


bottom of page