top of page

Tres medallas para o Boudsport de Ordes no Campionato de España Precadete



Un ouro e dous bronces foron os resultados acadados polo clube Boudsport no Campionato de España Precadete celebrado o pasado luns no Pavillón municipal de Pontevedra.O clube ordense presentaba un equipo composto polos deportistas Marina Boudjenane Liñares (medalla de ouro, campioa de España Liga Let 1*), Noelia Juncal Marzoa (medalla de bronce) e Sheila del Río López (medalla de bronce). Acadaron o quinto posto Alba Figueira Marzoa, Hugo Calviño Ferreiro e Alex Vilariño Fernández. Pola súa banda, Miguel Fandiño Bermúdez foi baixa por lesión.

O clube ordense tamen competiu no Open Cidade de Pontevedra, que se celebrou durante toda a fin de semana cunha participación de mais dun milleiro de deportistas de toda España. Acadaron o ouro na competición Venus Izegbe Vilaseco Ogala, Uxia Castro Rodríguez, Sara Juncal Marzoa (liga B), Luana Jaku del Río (liga B) e Noelia Juncal Marzoa (liga B).


Foron prata Sara Soneira Balado, Luis Fero Gómez, Abril Viqueira Pose (liga B) e Alex Vilariño Fernández (liga B). Pola súa banda, os bronces foron para Pablo Figueira Marzoa, Alba Figueira Marzoa, Sheila del Río López, Alvaro Viqueira Verea, Mateo Boudjenane Liñares, Cristóbal Boudjenane Núñez e Samuel Pardo Cantero.

Comentários


bottom of page