top of page

Tres novos casos de COVID-19 en Oroso



No Concello de Oroso hai hoxe, 18 de decembro, 12 casos activos por COVID-19, tres máis que o martes, segundo informan as autoridades sanitarias ao Concello. O Concello amosou hoxe a súa preocupación pola evolución epidemiolóxica no municipio, cunha tendencia al alza como no resto de Galicia. De continuar este incremento dos positivos, é moi posible que a Xunta impoña novas restricións.

Dende o Concello de Oroso apelan á responsabilidade individual da cidadanía para que cumpran coas recomendacións sanitarias. "Os datos de novos contaxios nas últimas horas en concellos próximos esixen máis que nunca respectar as medidas e limitar a interacción social, sobre todo en espazos interiores", sinalan. Piden dar prioridade á saúde "de todos" xa que "xogámonos moito".


Comentários


bottom of page