top of page

Un único caso de COVID-19 en Mesía e cinco en Ordes



O Concello de Mesía fixo públicos onte os últimos datos do SERGAS sobre a pandemia de COVID-19 no municipio. A incidencia acumulada nos últimos sete días é menor aos 10 casos por cada 100.000 habitntes, sen ningún caso diagnosticado nese tempo. A día de hoxe hai un caso activo na localidade, a quen dende o Concello desexan "que se recupere o máis pronto posible".


Pola súa banda, o Concello de Ordes sinalou que non se produciu ningún novo caso detectado nos últimos días, o que deixa un total de 5 activos na localidade. Catro destas persoas atópanse nos seus domicilios e unha quinta está ingresada. Estes datos representan 0,393 casos activos por cada 1.000 habitantes.


Tordoia, pola súa banda, non notificou ningún novo caso dende o día 15, cando non había ningún en todo o concello.

Comentarios


bottom of page