top of page

Un condutor de camión sen carnet dá positivo en alcol e drogas en Tordoia


O Sector da Agrupación de Tráfico da Garda Civil en Galicia investiga a un veciño de Carballo como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria ao conducir un camión sen permiso de condución e dar positivo en alcol e drogas en Tordoia. Os feitos sucederon cando efectivos do Sector de Tráfico Galicia durante un punto de verificación a vehículos de mercadorías e viaxeiros, procedeu a dar o alto a un camión para realizar a oportuna inspección na estrada AC400.


O condutor do vehículo non se detivo, pero parou a uns 400 metros e quixo continuar a fuxida a pé. Os gardas civís emprenderon un seguimento campo a través e localizárono agochado entre unhas matogueiras. Unha vez identificado, comprobouse que nunca obtivera o permiso de condución de ningún tipo de vehículo. Ao ser sometido ás probas de alcol deu positivo, cun resultado de de 0,36 mg/l e 0,35 mg/l en aire expirado.


Tamén deu positivo en cocaína, THC e anfetaminas tras a proba de drogas á que foi sometido, estando pendente de confirmación polo laboratorio de referencia. Por estes feitos a Garda Civil procedeu a investigar ao condutor que estaba en requisitoria polo Xulgado de Instrución nº 2 de Corcubión cunha orde de procura, detención e persoación, por un delito contra a seguridade viaria ao non obter nunca o permiso de conducir e a formular a correspondente denuncia administrativa por dar positivo en alcol e drogas.


O investigado quedou a disposición xudicial do Xulgado de Instrución número 2 de Ordes.




Comments


bottom of page