O Concello de Ordes daba conta onte do falecemento dunha persoa, veciña do municipio, contaxiada con COVID-19. Pola súa banda, sinalaron que a día de hoxe hai 45 novos contaxios no concello e que nas últimas horas se produciron 26 altas. Polo tanto na actualidade hai un total de 184 casos activos, dos cales 183 permanecen na casa e só hai unha persoa hospitalizada. Ata agora e en toda a pandemia houbo 1325 casos notificados de COVID-19 en Ordes.
top of page
bottom of page
Comments