top of page

Un ferido en accidente de moto en Ordes


ree

Unha persoa que conducía unha moto sufriu feridas de consideración ao caer do vehículo no punto quilométrico 27 da N-550, en Ordes. O accidente rexistrouse no 112 Galicia uns minutos despois das catro e media da tarde de onte, a través do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou ata a zona un helicóptero medicalizado para atender á persoa ferida e no que foi trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.


Desde o CIAE 112 Galicia, tras recibir o aviso do accidente, púxose a situación en coñecemento da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local, dos Bombeiros de Ordes e do servizo de mantemento da estrada.

Comentarios


bottom of page