
Un home de 58 anos entregouse hoxe no Xulgado de Paz de Sigüeiro confesando ter degolado o seu irmán. O autor confeso do crime ía cuberto de sangue e foi inmediatamente detido pola Garda Civil. O crime tería sido realizado cunha arma branca.
O detido tería chegado ao municipio o luns pasado e está á espera de pasar a disposición xudicial. No inmoble da rúa do Portiño onde se produciu o asasinato foi atopado o corpo pola Garda Civil.
O Concello de Oroso lamentou axiña "o triste suceso ocurrido esta mañá na rúa do Portiño de Sigüeiro, onde presuntamente un home asasinou ao seu irmán". Asegura estar "en contacto permanente coas forzas de seguridade, poñéndose á súa disposición para darlle toda a información que demanden para esclarecer os feitos". Transmiten o seu pésame á familia e achegados da vítima.
Comments