O 112 Galicia informou hoxe do falecemento dunha persoa nun choque entre un coche e un camión no quilómetro 27 da AC-400, no termo municipal de Cerceda. Os Bombeiros de Ordes excarceraron á vítima, que quedou atrapada no interior do turismo.
Os feitos tiveron lugar arredor das cinco e media desta madrugada. Foi a esa hora cando os servizos sanitarios solicitaban ao 112 Galicia medios de excarceración para un accidente entre un coche e un camión. Con estes datos, os xestores do 112 informaron aos Bombeiros de Ordes que acudiron decontado ao punto, do mesmo xeito, pasaron aviso á Garda Civil de Tráfico e aos membros de Protección Civil da localidade.
Tras confirmar que a persoa, única ocupante do vehículo, falecera, os Bombeiros procederon coas tarefas de excarceración.
Comments