As concelleiras Cristina Capelán e Catrina Queijo convidaron hoxe á veciñanza de Cerceda a achegarse a deixar os seus desexos para este Nadal 2020, Anivovo e Reis Magos nun buzón que vai estar instalado ata o 6 xaneiro no Campo da Feira de Cerceda.
O día 21 de decembro Papá Noel visitará ao alumnado dos colexios CPI O Cruce e CEIP Celso Emilio Ferreiro, a Escola Infantil Os Pillabáns e o Centro de Día Fogar Residencial.
O día 5 de xaneiro dende as 10 da mañá os Reis Magos farán un recorrido en coche por todo o termo municipal, nos próximos días anunciaremos as horas que van ir pasando e os tramos.
"Este será, sen dúbida, un ano moi diferente nas celebracións destas datas, pero non queremos, cumprindo os protocolos de sanidade, por suposto, que ninguén perda a ilusión destas datas", aseguran dende o Concello.
Comments