O Concello de Frades anunciou esta mañá que as tres persoas en situación de illamento domiciliario por COVID-19 nestas dúas últimas semanas superaron a doenza. Porén, produciuse un positivo nas últimas horas, xa en illamento domiciliario. Ás persoas que mantiveron contacto están a pasar probas PCR. O Concello deséxalle a esta persoa unha pronta e total recuperación.
O Concello aproveita para pedir "sentidiño" nestas datas e respecto ás normas básicas: máscara, lavado e desinfección de mans e distancia de seguridade.
Comments