top of page

Un total de 34 persoas asisten en Frades a unha nova edición do Curso de Poda e Enxertos



Vén de arrincar unha nova edición do Curso de Poda e Enxertos organizado polo Concello de Frades. Nesta ocasión son 34 as persoas que participan neste curso de 20 horas de duración con parte práctica e teórica. Na formación, o alumnado aprende de poda de especies froiteiras, ornamentais e forestais, así como os distintos métodos de propagación ou multiplicación de plantas, caso das sementes ou os enxertos.


A primeira sesión contou coa presenza do concelleiro de Medio Rural, Manuel Ferreiro Marzoa, quen animou ás e aos participantes a seguir formándose a través da oferta municipal.



As aulas do curso, que imparte o profesor Rosendo Luís Estévez, terán lugar os sábados 16 e 26 de marzo, así como o 2 de abril, de 9h a 14h. As sesións teóricas lévanse a cabo no multiusos, mentres que as prácticas serán nunha leira municipal.


Comments


bottom of page