top of page

Un tractor rosa contra o cancro de mama: campaña solidaria da Casa Grande de Xanceda


A Casa Grande de Xanceda anunciou hoxe que a granxa se unirá á loita contra o cancro de mama mediante a doazón á Asociación Española Contra el Cáncer dun euro por cada persoa que comparta un vídeo publicado nas súas redes sociais. A acción será máis rechamante grazas á participación dun tractor Landini rosa que pode verse neste vídeo.


A Casa Grande de Xanceda aspira a conseguir unha doazón de 1000 euros para a investigación e prevención deste tipo de cancro, que serán entregados á sección comarcal da AECC. Mañá, 19 de outubro, celébrase a xornada de sensibilización e loita contra esta doenza.






Opmerkingen


bottom of page