CLUN, como patrocinador oficial do Campionato Puntuable Club Xóvenes Gandeiros de Galicia 2024, participou no Concurso de Xóvenes Manexadores Muimenta 2024, celebrado no recinto feiral Manuel Vila de Muimenta e no que se premiou a Nicolás Andrade (Mesía) na sección de entre 21 e 30 anos; a María Otero (Castro de Rei) na categoría de entre 16 e 20 anos; e Yasmín Villamide (Pol), na sección de entre 10 e 15 anos. Na categoría de menores de nove anos, o xuíz decidiu premiar aos 11 participantes.
Co patrocinio oficial destes campionatos, CLUN continúa apoiando e impulsando iniciativas a prol do futuro da gandería galega a través do apoio aos mozos e mozas nos concursos de preparadores e manexadores. O certame de Muimenta é o segundo dos tres que se inclúen no Campionato Puntuable Club Xóvenes Gandeiros de Galicia 2024. A derradeira proba será o Concurso de Manexadores de Feiradeza, que terá lugar o vindeiro mes de xuño.
Comments