A Agrupación de Tráfico da Garda Civil da Coruña investiga a un condutor que foi cazado en 9 ocasións en menos dun ano sen permiso de conducir, logo de ter perdido por completo os puntos. A última vez tivo lugar antonte, 26 de xaneiro, no km 40,500 da N550 en Ordes. Unha patrulla do Subsector da Coruña, que se encarga do seguimento deste tipo de condutores, detectou ao home conducindo un turismo.
O home, de 52 anos e veciño de Ordes, terá que comparecer no xulgado en breve. Durante o 2020 foi investigado nas xa referidas 9 ocasións, tendo que comparecer en Ordes e en Santiago de Compostela. Ten antecedentas por outros delitos contra a seguridade vial como conducir baixo efectos do alcol.
Comments