Hoxe, 25 de novembro, todos os municipios da comarca e entidades sociais conmemoraron o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
O Concello de Oroso, dentro das actividades polo 25N, organizou hoxe diante do concello unha concentración e a a lectura dun manifesto reivindicativo por parte de Isabel Fernández, concelleira de Ensino, Mulleres, Benestar Social e Normalización Lingüística.
En Frades, a ANPA Ponte Carreira 'O Fopo' pubnlicou un interesante vídeo no que animan a cuestionarse os numerosos micromachismos que poden atoparse ao longo do día.
En Ordes, Mesía e Cerceda, o Concellos tamén se sumaron ás reivindicacións contra a violencia de xénero. Na entrada do edificio municipal de Cerceda tivo lugar ás 12.00 hs un minuto de silencio en homenaxe ás vítimas da violencia de xénero. Unido a este homenaxe, colocáronse no praza do Campo da Feira de Cerceda, 40 rosas. Cada rosa, representa a cada unha das vítimas asasinadas por violencia de xénero, no que vai deste ano 2020.
“ Que outras pandemias máis novas, non nos escondan as vellas pandemias “
O Concello de Trazo fixo públicos os nos dos gañadores do II Concurso de Carteis 25 de novembro. Os resultados foron:
1.- Categoría de 1º e 2º ESO: “Me _iere” de Sara Gómez Garcia de 1º ESO.
2.- Categoría de 3º e 4º ESO: “Quen ben te quere non te fai sufrir” de Alicia Martínez Rodríguez de 3º ESO.
3.- Categoría de 16 ata 60 anos: “Perigosa mascarilla” de Ana Mª García Porta.
4.- Premios para adultos de 60 anos en adiante: deserta por falta de participantes.
Categoría de 16 ata 60 anos: “Perigosa mascarilla” de Ana Mª García Porta
Comments