Unha senda peonil e a mellora de cinco camiños en Trazo serán financiados pola Deputación
- Crónicas da comarca
- 1 feb 2022
- 1 Min. de lectura

O Plan Único (POS+ 2021) da Deputación da Coruña financiará as as obras de construción dunha senda peonil no lugar de Carabelos (Trazo) e mais a mellora de cinco camiños no mesmo concello. O investimento total será de aproximadamente 100.000 euros.
A senda vai desenvolverse na beiravía da calzada entre Berreo e a Cuca, ao paso por Carabelos. A pista terá 1,8 metros de ancho e 300 de longo, cun bordo. Diante das vivendas habilitarase como espazo de aparcadoiro o formigón existente, e deixarase unha zona axardinada entre a senda e o peche dos domicilios. A actuación contribuirá a mellorar a seguridade das veciñanza nos seus desprazamentos a pé na zona, aseguran dende a Deputación.
Por outra banda, as obras do Plan Único inclúen a pavimentación e mellora cinco camiños municipais en diferentes parroquias: na Castiñeira (Castelo), na Torre (Castelo), en Vixou de Abaixo (Xavestre), en Rial (Chaián) e na Devesiña (Chaián).
A actuación está actualmente a licitación no perfil do contratante do Concello de Trazo e o prazo de presentación de ofertas remata o 10 de febreiro.
800.000 euros en Trazo
O Plan Único da Deputación da Coruña destinou en 2021 un total de 804.143 ao Concello de Trazo. Desta cantidade, 345.246 euros foron destinados a investimentos en obras, e máis de 145.000 a mellorar servizos municipais. Outros 127.000 foron para apoiar ao municipio no financiamento dos gasto sociais derivados da Covid-19.
Ademáis da senda en Carabelos, as obras aprobadas do Plan Único no municipio contemplan a construción de sendas peonís na Polveira e Restande e a continuación da senda da Cuca a Gonselle.
留言